Enviar proposta

A PLATAFORMA CONSAL

Á dereita tes o formulario para propoñer un proxecto á Plataforma CONSAL.

Anque non é exactamente unha plataforma de crowdfunding (máis abaixo verás as diferencias), si que é un sistema de financiamento colectivo, ou si queres de microfinanciación colectiva ou micromecenazgo; un sistema de cooperación colectiva, levada a cabo por persoas que realizan unha rede para conseguir diñeiro ou outros recursos.

A Plataforma CONSAL pode ser usada para moitos propósitos, desde artistas buscando apoio dos seus seguidores, propostas de concertos, financiamento do nacemento de ideas relacionadas coa música ou a experiencia acústica en xeral ou calquera outra idea que teña relación coas actividades e a filosofía de traballo de Sinsalaudio.

Si pensas que tes unha idea que mereza co-financiarse, que ti penses que pode convertirse nun proxecto de interés común, lee con detalle os campos do formulario que tes á dereita e prepara todo o material antes de cubrilo. Despois sigue as instruccións, cubre os datos, sube os arquivos e prepárate para disfrutar o proceso.

 

 

 

 

Tes unha idea?; sempre quixeches facer un concerto, editar un disco ou realizar un vídeo?; queres propor ou presentar algunha actividade no Festival Sinsal? A Plataforma Consal ofréceche a posibilidade de integrar ideas dentro do Festival Sinsal ou de buscar axuda e financiamento para realizalas pola túa conta.

 

 

Non é un espazo de micromecenazgo como o crowdfunding, senón que ofrece un servizo máis personalizado.

 

 

Todas as propostas aceptadas deben manter algunha relación, directa ou indirecta, con Sinsalaudio nos seus diferentes apartados: música, editorial, escola sinsal, etc.

 

 

Nós recibiremos todos os datos e despois dunha revisión polo noso equipo contactaremos contigo para poñela en marcha e para axudarche a definila.

 

 

Unha vez aprobada e consensuada contigo, farémola pública e movilizarémola polas redes sociais para empezamos a traballar. Así de simple. Só tes que ter boas ideas e gañas de facelas.

[gravityform id=”6″ name=”Envio Proxecto” ajax=”true”]